Somos

Que é Árbore da Vida

Árbore da Vida é unha cooperativa cuxa razón de ser é o coidado da saúde dende un punto de vista integral. 

A nosa filosofía é empregar todo o preciso ao noso alcance para poder acompañarvos a un lugar no que poidades atopar un pouco máis de "equilibrio" e saúde nas vosas vidas.

Mediante as terapias complementarias e naturais, fisioterapia e desenvolvemento persoal.

Os nosos principios e valores:

1- Un trato sempre con escoita , respecto e proximidade. Acompañamos ás persoas no seu proceso de coidado da saúde.

2- Transmitir información sobre como coidarnos dunha forma natural e saudable.

3- Cooperación entre nós: para maior crecemento persoal e para mellorar os nosos servizos co cliente; a cooperación e a colaboración están sempre presentes na nosa forma de traballar.

 

O que debes saber de Nós

Nos nosos centros serás atendido por profesionais Sanitarios e Parasanitarios, que aplican técnicas ou terapias naturais catalogadas pola OMS (organización Mundial da Saúde) e a UE (Unión Europea) como medicinas ou terapias complementarias, alternativas ou non convencionais, a través das cales se poden obter importantes beneficios físicos e psíquicos.

As terapias naturais que aplicamos non substitúen nin exclúen a atención ou o tratamento médico ou farmacolóxico convencional prescritos por profesionais sanitarios.

Durante máis de quince anos estivemos traballando, formándonos constantemente para ofrecer uns servizos totalmente profesionalizados, con instalacións adaptadas a todo tipo de necesidades.

As terapias naturais ou complementarias engloban prácticas de diferente natureza e contido.

Consúltanos sempre as dúbidas que poidas ter antes de iniciar calquera sesión, dispoñemos de consultas gratuítas para iso (con cita previa) e os nosos profesional { slider Patricia Álvarez Loureiro}

Patricia Álvarez Loureiro

A miña infancia transcorreu no espazo onde agora  se xesta o proxecto da miña vida, a localización de Árbore dá Vida non é por casualidade, a proximidade dos meus antepasados, a casa dos meus avós maternos é o xerme deste espazo, os seus labores agrícolas nas terras onde agora pastan os cabalos fai que me emocione pensando no novo uso que se lle pode dar ao esquecido rural galego e o contacto próximo coa veciñanza fai que este lugar me resulta acolledor e entrañable.

De nena crieime correndo por estes prados, aproveitando a froita das leiras, collendo ras en cada regato, regresando a casa cando apenas quedaba luz; isto levoume a adorar este lugar, a súa contorna e todo o que a natureza pode achegar e mesmo sanar, por iso desde moi nova visualizaba un proxecto coma este, onde a natureza é o marco terapéutico e os seus integrantes os mediadores na sanación.

A procura da saúde sempre me atraeu, polo que a miña inquietude en terapias manuais comezou con quince anos, todo ese tempo foi esforzo e constancia para conseguir a nota suficiente. Comecei cun ciclo formativo de estética por utilizar a miña ferramenta favorita, a masaxe; que me levou a traballar no Balneario de Mondariz, para ampliar os meus coñecementos realicei un curso de Quiromasaje e como quen a segue a consegue, acabei accedendo á formación universitaria, obtendo a diplomatura en Fisioterapia (2005) coa especialidade en uroginecología e obstetricia pola Universidade da Coruña. Este interese especial na maternidade xurdiu a través da miña propia experiencia como nai, xa que tiven a posibilidade de ter unhas vivencias positivas de parto cos meus dous fillos, Xoel e Uxía; isto conduciume a formar parte do equipo da Fundación Eomaia, podendo divulgar este coñecemento acompañando a outras familias e formarme con diferentes profesionais relacionados co tema de maternidade e crianza consciente.

Na procura da saúde por medio do equilibrio físico, mental e emocional atopei no meu camiño dúas grandes ferramentas: a osteopatía biodinámica, da man do meu mestre Kyrill Yarko, que xa forma parte da miña forma de sentir e vivir a vida; e a medicina chinesa, que polo seu legado ancestral e cheo de sabedoría xérame constante admiración e respecto, realizando dous anos de formación en CEMETC.

Sigo profundando no campo psico-emocional a través da terapia Gestalt; completei 3 anos da formación na escola Guibor, xunto con terapia individual e outras formacións vinculadas ao desenvolvemento persoal. Actualmente estou a gozar do meu contacto coa natureza, coñecendo as plantas silvestres e os seus usos e compartindo coa miña familia o coidado duns grandes seres que admiro: os cabalos, a convivencia con eles axúdame a reencontrarme desde a paz e a tranquilidade.


Vanessa Calvar Gonzalez

Vanessa Calvar Gonzalez (1979)
Estudei Administrativo Contable en Porriño, o meu primeiro traballo foi nos Servizos Sociais do Concello de Mondariz ( Pontevedra), nese período de tempo fun consciente da importancia da colaboración e a cooperación para que exista un equilibrio social. Serviume como experiencia para coñecer a realidade do rural, onde se mesturaban a escaseza de recursos económicos e as necesidades de acompañamiento das persoas maiores e máis desfavorecidas .

Logo da experiencia dos Servizos Sociais, fun trasladada á sección de Emisión e recaudación de taxas do Concello. Realizando labores expresamente administravas.

Ao mesmo tempo impartía talleres extraescolares de pintura creativa (o meu gran hobby) durante 5 anos , en diferentes centros docentes ( en Ponteareas, Salceda, Salvatierra, etc..), gozando moitísimo de traballar con grupos de nenos abertos a novas experiencias con pintura e debuxo. O enfoque era totalmente aberto deixando que a creatividade do neno fose o principal motor das clases. As regras non escritas que se seguían de colaboración , integración (xa que aos talleres asistían nenos con discapacidad, diferentes razas e relixións) eran a base do bo funcionamento e aprendizaxe común e individual. Personalmente foi unha experiencia moi enriquecedora.

Unha vez deixei o Concello, traballei durante 6 anos en Galisan centro de terapias alternativas, realizando labores de administración e xestión, o que me levaron a familiarizarme coas distintas formas de ver a saúde.


En xullo de 2015 ingresei como socia na Cooperativa xa que a miña experiencia en xestión era útil para o traballo que se realizaba na mesma. Ademais de que os valores de cooperativismo para min son importantes, así como a miña forma de ver a vida tanto na saúde física como o benestar mental.

Constantino Muñoz Lopez

Constantino Muñoz Lopez (1979)
Afeccionado ao deporte en xeral, a miña gran paixón é o ciclismo, practicante desde neno desta modalidade, foi a curiosidade de evitar lesións musculares e previlas o que me levou a estudar a parte física do corpo. Comecei con cursos específicos de masaxe deportiva, continuei coa parte enerxética estudando acupuntura durante seis anos.

Esta formación levoume a traballar en varios ximnasios, mentres comezaba as obras do que agora é Galisan (2003). Durante ese período de montaxe da clínica ofrecéronme traballos en equipos de futbol profesional como o Real Club Celta (primeiro equipo), as viaxes e as asistencias aos partidos foron toda unha experiencia persoal.

Unha vez montada a clínica (2005) decidín dedicarme exclusivamente ao negocio, pero aínda así seguín colaborando con equipos como o Coruxo Fútbol Club. Realizando convenios máis adiante con varios clubs como o Club de Canicross de Vigo, ou patrocinios deportivos como o equipo Cal – Cos de rallyes.

En todo este período de tempo e a medida que ía adquirindo experiencia sobre a saúde dos deportistas comecei a abordar temas como a alimentación e facéndome consciente de que a parte emocional era un alicerce básico para o bo funcionamento do corpo. Despois de comezar a carreira de Medicina na Facultade de Medicina en Santiago de Compostela (dous anos), decidín decantarme pola parte máis alternativa da saúde, estudando Kinesioloxía con José Luis Godoy Muelas (6 anos) conseguín a integración de varias terapias como a naturopatía, osteopatía, hidroterapia do colon, neuropatía, etc....

Actualmente traballo en Vigo en Galisan e na Clínica de Fisioterapia Covelo como kinesiólogo realizando consultas personalizadas e específicas segundo as necesidades da persoa que solicita os meus servizos. O tipo de paciente durante estes anos variou, desde que comecei só con masaxe deportiva ata hoxe, evolucionou a miña visión da saúde, atendendo agora a todo tipo de persoas con diferentes patoloxías, sendo a kinesioloxía e a hidroterapia de colon o forte do meu traballo.

Constituír a Cooperativa foi un paso adiante na miña vida profesional e persoal, xa que conseguín integrar dous partes fundamentais; a miña forma de ver a saúde integral e a miña forma de sentir a miña vida, fortemente ligada á natureza e o rural.