En Árbore consideramos que o lugar onde realizamos os tratamentos é tamén importante, non só unha contorna acolledora e agradable senón que tamén podemos transformar os espazos en saudables, para iso contamos cos coñecementos de Xulio Fernández (www.bioconstruir.es) que nos ofreceu asesoramento nesta materia.
Mediante a achega de diferentes técnicas como a geobiología (estudo da influencia das radiacións sobre o ser humano) para harmonizar os espazos, a xeometría sacra (emprego de determinadas proporcións para adaptar os espazos segundo a súa finalidade) conseguindo un ambiente de acollemento e calma ideal para o desenvolvemento dos tratamentos; e a bioconstrucción, empregando en todo o posible materiais naturais e ecolóxicos facilitados a través do Pintor de Quins, como as pinturas e tratamentos para a madeira a base de aceites naturais. Esta contorna saudable, beneficia tanto ao terapeuta, que desempeña o seu labor durante horas nese espazo favorecedor, como ao paciente, que recibe non só a sesión en cuestión se non que se ve potenciada polo efecto do lugar en si.
Outro aspecto que temos en conta é a calidade dos nosos produtos: as cremas e aceites de masaxe, son de orixe natural e o máis orgánicas posibles, libres de parafinas e parabenos..
Centros
Vigo
VIGO-Galisan
Centro de 180 m2, dispón dunha recepción con sala de espera que empregamos tamén para as charlas, duas cabinas de tratamento e unha cabina para a Hidroterapia de Colon, xunto coa súa sala de espera e dous aseos
Dispoñemos de parkging para pacientes en c/Menendez Pelayo 27/29 bajo
https://arboredavidacelta.com/web/gl/donde-estamos-3#sigProGalleriaecdb0d9913
Covelo
COVELO- Centro de fisioterapia Covelo
Espazo de 70m2, consta de recepción con sala de espera, duas cabinas e un aseo
https://arboredavidacelta.com/web/gl/donde-estamos-3#sigProGalleriade55ec6ec2
Ambos centros deseñados baixo a direción de Xulio para a creación de espacios sanos.
Seara
COVELO- Finca de la Seara
O noso enclave no medio da natureza é un espazo harmonizados en si mesmo onde conviven os nosos coterapeutas cabalos en 40.000 m2 en semiliberdade, en medio de prados e bosques autóctonos, carballeiras pero tamén podemos atopar outras especies como; saúdos, fresnos, sauces, castaños e algúns frutais; con un par de manantiais de auga cristalina para refrescarnos. Todo elo ofrece unha entorna inigualable, acolledora e máxica, onde o contacto coa natureza te envolve como un suave abrazo.
Neste espazo desenvolvemos diferentes propostas dentro do marco da ecoterapia.
https://arboredavidacelta.com/web/gl/donde-estamos-3#sigProGalleria8320832d7e